Novas tecnoloxías aplicadas no apoio a domicilio“telexerontoloxía”

  1. Isabel González-Abraldes Iglesias
  2. A. Balo
  3. P. Suárez
  4. P. Marante
  5. Ana Maseda
  6. José Carlos Millán-Calentí
Revista:
Psicoloxía clínica: anuario

ISSN: 1889-1187

Ano de publicación: 2009

Título do exemplar: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro

Número: 3

Páxinas: 682-688

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Psicoloxía clínica: anuario

Resumo

O avellentamento poboacional no que estamos inmersos, xunto coa incorporación da muller ao mercado laboral, está a xerar un cambio no coidado tradicional dos maiores, favorecendo a súa institucionalización en base á pouca dispoñibilidade de tempo para o seu coidado. As familias acostuman asumir o compromiso do coidado na medida en que este non ultrapase a súa capacidade e os desborde, momento en que se pensa noutros recursos, pero que até o momento son insuficientes e non cobren o obxectivo básico da atención sociosanitaria, manter a persoa maior no seu domicilio mediante fórmulas de apoio adecuadas. Por iso, é necesario establecer un salto na rutina de recursos actual e avanzar na configuración de novas alternativas que permitan aos coidadores familiares contribuír na manutención do sistema, constituíndo o proxecto que desenvolvemos, a Telexerontoloxía, un chanzo máis dentro da teleasistencia, pero claramente diferenciado e evolucionado, que nace co obxectivo principal de levar contidos ao domicilio, retardando a necesidade da institucionalización do paciente.