HDDIX / YAMdo Hospital De Día Infanto-Xuvenil ao programa YAM, construíndo e deconstruíndo espazos

  1. Melania Beceiro Rico 1
  2. Laura María Vigo Santamariña 2
  1. 1 USM-IX da Área Sanitaria de Ferrol
  2. 2 USM-IX da Área Sanitaria da Coruña e Cee
Revista:
Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

ISSN: 2444-6653

Ano de publicación: 2023

Título do exemplar: Inicios

Número: 16

Páxinas: 6-21

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG

Resumo

Neste artigo imos falar sobre dous modelos diferentes de intervención na poboación infanto-xuvenil que poden resultar complementarios e que parten de filosofías diferentes. Relataremos a nosa experiencia, a de dúas profesionais en saúde mental que no mesmo período de tempo están embarcadas na posta en marcha dun Hospital de Día Infanto-Xuvenil e na formación e implementación do programa YAM (Youth Aware of Mental Health). Dúas visións distintas sobre como axudar aos mozos. Participar á vez en ambos proxectos supuxo para nós a posibilidade de formularnos certos aspectos da nosa forma de traballar que tentamos plasmar neste artigo. Desenvolveremos inicialmente a posta en marcha do que sería o noso Hospital de Día Infanto-Xuvenil ideal para, máis tarde, relatar como foi a nosa experiencia na formación YAM.