Características clínicas, analíticas, radiológicas y manejo terapéutico de los adenomas hipofisarios clínicamente no funcionantes en el área sanitaria de A Coruña

  1. Triviño Yannuzzi, Vanessa
Dirixida por:
  1. Fernando Cordido Carballido Director
  2. Susana Sangiao Alvarellos Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de abril de 2024

Tribunal:
  1. Rosa María Señaris Rodríguez Presidenta
  2. Miguel Pérez Fontán Secretario
  3. María Jesús Vázquez Villar Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Os adenomas hipofisarios (AH) son usualmente tumores benignos, localizados na parte anterior da hipófise. Son a causa máis común de masas selares a partires da terceira década, sendo considerados a terceira causa de neoplasias intracraniais, despois do meninxioma e do glioma (1). Unha proporción deles son asintomáticos e permanecen indetectables (2). A pesar da súa natureza benigna, estes tumores poden causar unha morbilidade considerable, xa que poden estar asociados a hiposecreción hormonal, efecto masa e hipopituitarismo e ser unha carga importante sobre os recursos da atención médica (3,4). Dependendo da presencia ou ausencia de secreción hormonal os AH poden ser funcionantes e non funcionantes. A maior parte dos AH son Adenomas Hipofisarios Clinicamente non Funcionantes (AHCNF) e constitúen arredor da terceira parte de tódolos AH, a sua incidencia estimouse en 1,79/100.000 habitantes/ano (4). A súa prevalencia é arredor de 26-90 casos por millón e constituye 50% dos tumores hipofisarios en grandes series cirúrxicas (5). En series clínicas a súa prevalencia é moito maior, arredor de 400 por millón (2). Os tumores maiores ou iguais a 1cm (macroadenomas) son os máis frecuentes, dependendo do seu tamaño poden chegar a ser sintomáticos, usualmente ocasionando efecto masa causando síntomas neurooftalmolóxicos e hipopituitarismo. Polo contrario, os microadenomas (menos de 1cm) son asintomáticos e a maioria atópanse de forma incidental en estudos de imane (6- 8). Se realizamos unha análise anatomopatolóxica, os AHCNF son na súa maioria gonadotropinomas, os cales producen na maioria dos casos subunidade alfa de gonadotropinas, ou con menor frecuencia gonadotropinas, seguidos dos adenomas null-cell e finalmente outros adenomas silentes como corticotropinomas, somatotropinomas e prolactinomas (9). A resección transesfenoidal é o tratamiento de elección para os AHCNF, permitindo a descompresión e o alivio rápido dos síntomas en motivos dos casos (10). Unha porcentaxe elevada dos pacientes presentan tecido residual do tumor trala intervención, que se se deixa sen tratar está asociado con progresión nun 40% en 5-10 anos (11). A radioterapia pode ser efectiva en previr o crecemento residual do tumor, pero está asociada cunha alta taxa de complicacións. Reoperar a recurrencia dos tumores en ocasións é necesario, particularmente cando hai risco de compromiso de funcionalidade do nervio óptico (10). Aínda que as complicacións da cirurxía son infrecuentes non son despreciables, e inclúen aparición de hipopituitarismo, perda de líquido cefalorraquídeo, meninxite, lesión dos nervios craniais, compromiso visual e taxa de mortalidade de 0,3-0,5% (12). As series publicadas dos AHCNF ata o momento tanto a nivel mundial como a nivel nacional son bastante escasas, tendo unha extensa variabilidade de resultados ó analizar a incidencia e a prevalencia, así como analizar en conxunto a evolución clínica dos adenomas hipofisarios (3,4) (13,16) Nesta tese de doutoramento decidiuse coñecer e cuantificar a extensión da enfermidade en da Área sanitaria de A Coruña. Para elo describíronse: as características clínicas, os procedementos diagnósticos, achádegos anátomopatolóxicos, evolución clínica e complicacións dos doentes con AHCNF que foron tratados las últimas 4 décadas no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Para isto empregáronse datos de doentes que acoden á consulta específica de neuro-endocrino. No noso estudo a mostra de AHCNF que acoden á consulta de Neuroendocrinoloxia son macroadenomas esporádicos e sintomáticos asociados a cefalea e alteracións visuais que se diagnostican na súa maioría en varóns no grupo de idade entre 40-60anos. No momento do diagnóstico o hipopituitarismo ocorre en case a metade dos doentes pero recupérase trala cirurxía. O tamaño tumoral é factor predictivo de hipopituitarismo. A cirurxía endoscópica endonasal parece comportarse como un predictor positivo de ausencia de imaxes de tumor no seguemento. O tumor foi un achádego incidental en 26.2% dos doentes. O índice de proliferación celular Ki-67 é xeralmente baixo (<3%) e asóciase cun valor alto (>3%) a maior idade. Hai moi poucos casos de curación completa (non adenoma e non hipopituitarismo) pero melloran os síntomas visuais. Isto implica un seguemento de por vida cunha esperanza de vida reducida debido ó hipopituitarismo e á morbilidade relacionada co tratamento